4 de marzo de 2016

Nova rutina de educación emocional!

En infantil entre outras cousas traballamos para potenciar a intelixencia emocional. Trátase de que perciban e identifiquen as emocións e que as comprendan, que as poidan manexar e as empreguen para o seu benestar e o dos demais. Todo isto aplicado a eles mesmos e ós outros. Este traballo repercute directamente na mellora das súas habilidades sociais e na súa autorregulación emocional.
 
No primeiro trimestre empregábamos unhas moedas das emocións. Había todo tipo de emocións e empregámolas para expresar cómo nos sentíamos e para facer xogos de rol.
Neste segundo trimestre estamos a realizar unha nova rutina. Trátase das PIRULETAS DAS EMOCIÓNS!
Cada día ó chegar, como xa sabedes, pasamos lista e temos a asamblea. Nela, cada un ten un momento para expresarse libremente e poder contar o que lle apetece. Ás veces é sobre un tema da época na que estamos, dunha festividade, algo especial que fixo, planes... Por iso é o momento perfecto para traballar as emocións na aula.
 As PIRULETAS serven para mostrar ós demais cómo nos sentimos cada día ou cómo nos fai sentir algo. 
Todo o que ocorre ó noso redor inflúenos directamente e falar dos nosos sentimentos axuda a regular as nosas emocións e a expresalas.
As piruletas permítenlles pararse a pensar no que realmente sinten e dalles a oportunidade de expresalo.
Por exemplo, en algunha ocasión houbo algún compi preocupado por situacións familiares ou algún problema cun compañeiro, ou tivo unha pesadilla... cando tiveron que decidir, decidíronse pola piruleta de cariña TRISTE ou ENFADADO e puideron explicar por qué. Tiveron a oportunidade de expresarse e pór en palabras o que sentían e desafogarse, e os demais tiveron a oportunidade de consolalos con experiencias similares que remataron ben, outras veces optaron por dar unha gran aperta, outras veces falouse sobre o tema ata que quedaron agusto... 

Por suposto esta actividade non vai a quitarlles toda a preocupación ou o enfado, pero si lles axuda e contribúe a aprender a xestionar as súas emocións

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentar é gratis!