A Prehistoria!

15-1-2016
Esta semana comezamos co proxecto da PREHISTORIA. Comezamos cun conto moi divertido que nos encantou.

Falamos de todo o que xa sabemos e do que queremos saber sobre a PREHISTORIA.
Unha das cousas que se falou foi que os debuxos que facían nas paredes das covas eran feitos con mesturas de sangue, barro... Algúns dixeron que crían que ó mellor bebían a sangue ou a comían dalgunha forma... Desta charla xurdiu a dúbida de se na actualidade a sangue se bebía, se cociñaba ou se consumía dalgunha forma. Así que, os que tiñan curiosidade, apuntaron unha pregunta nas libretas para investigar e preguntar na casa:

TOMASTES SANGUE?

Pregunta impactante verdade?! ^-^
Así que, para a semana, continuaremos co que nos escribades ou lles contedes da vosa experiencia ou do que sabedes sobre este tema, posto  que lles resultou un tema moi interesante.

Tamén tivemos tempo para a investigar un pouco e comezar a aprender unha canción nova, esta vez sobre a prehistoria. 

Carla e Hugo trouxeron uns ósos e parecían auténticos cavernícolas! Ademais unhas pintadas rupestres xeniais feitas por Hugo decorarán o que será o recanto da Prehistoria.

19-1-2016
Comezamos esta semana coas respostas á pregunta que escribimos o venres. A maioría contounos que nas súas casas non tomaran sangue, pero houbo excepcións. 
ARALE traía escrito na súa axenda que efectivamente na súa familia si comeran FILLOAS DE SANGUE. Explicounos que a súa tía as comía. 
ALEX tamén o trouxo por escrito e cun par de fotos dos alimentos que a súa familia ten comido. 



Ademais xa empezan a chegar cousiñas para o recanto da PREHISTORIA!
ARALE trouxo un traxe impresionante de CAVERNÍCOLA que nos deixou coa boca aberta!!! Era super chulo e por riba feito na casa por ela e a súa nai. É xenial e encantounos!!! 

Moitas grazas por todo  ese traballo que vos daría e prometido que lle sacaremos partido ;)

Non contentos con iso hoxe aínda trouxo un óso e un garrote/mazo para o noso recanto. Grazas!

ALEX trouxo un fósil dun dino que fixo na casa. Veunos ben xa que da época dos cavernícolas tamén quedan restos fosilizados e pinturas rupestres, das que falaremos en breves. Grazas por compartilo con nós!

E qué faríamos sen libros para investigar? Pois por sorte ANTÍA e NOA trouxeron dous libros xeniais sobre a PREHISTORIA que estamos desexando revisar e aproveitar de arriba abaixo como fixemos cos de dinosaurios!!!

21-1-2016
Menuda semana! A próxima semana abriremos o noso Recanto da Prehistoria case seguro!
CARLA e HUGO trouxeron uns garrotes e unhas imaxes dun cavernícola que decorará o recanto.

DANIEL trouxo un óso e unha agulla xenial. Veunos moi ben, porque hoxe averiguamos nos libros de NOA e ANTÍA que as agullas dos cavernícolas eran feitas con ósos dos animais que cazaban.
Así, podían coser, por exemplo, as roupas que os protexían do frío.

XACOBE trouxo un cartel estupendo que nos fala da época dos dinosauros que acabamos de estudar e da dos cavernícolas. O texto está en minúsculas, e como as que aparecen xa as coñecemos sérvenos  para practicar.  Ademais trae un debuxo moi chulo. Queda moi ben no Recanto da Prehistoria!

NOA apareceu cun libro que nos deixou coa boca aberta! Titúlase "NOA y la bicicleta del tiempo" e ela aparece na portada!!!! Mostrounos unha páxina como adelanto na que sae un cavernícola e agora estamos desexando lelo!

MANU sorprendeunos cun debuxo que fixeron entre el e a mamá e que é unha pasada! Todos estaban de acordo no ben feito que estaba e se sorprendían cos detalles: a COVA, as PINTURAS, os CAVERNÍCOLAS facendo LUME, as PELES... Xenial!!!

Grazas a todos por colaborar tanto como sempre!


27-1-2016


Esta semana OLIVIA, CARLA e HUGO trouxeron uns debuxos  xeniais de cavernícolas que xa decoran o recanto da PREHISTORIA. Teñen GARROTES, roupas feitas con PELES de animais que cazaron e decoran o seu pelo e colo con ÓSOS e DENTES de animais.

Nun dos debuxos de CARLA aparece unha cavernícola prepando unhas PEL para vestir ou taparse do frío.

KIARA trouxo un GARROTE impresionante, unha pila se ÓSOS e un colar que parece feito de  dentes dalgún animal. Encantounos!
 Hoxe CARLA e HUGO trouxeron un par de colares xeniais feitos o máis puro estilo cavernícola! O de HUGO esta feito cun DENTE de XABARÍN  e o de CARLA con ÓSOS  de PORCO! Deixáronnos alucinados e gustáronnos moito!


29-1-2016
Esta semana ARALE trouxo un debuxo para o noso recanto da PREHISTORIA dunha cavernícola moi chula!
ALEX presentounos un colar que fixo na casa digo dun auténtico cavernícola!
OLIVIA axúdanos a continuar decorando o recanto da PREHISTORIA  cos Picapedra!
Esta semana xa abrimos este novo recanto, xa que o estabamos desexando. Pouco a pouco este novo recanto parece que vai tomando forma e encántanos!




O mural do proxecto foi outro dos obxectivos desta semana. Con este fin investigamos nos libros que nos trouxeron NOA e ANTÍA, vimos un par de vídeos sobre a prehistoria,  imaxes sobre o tema, algunha liña do tempo...
Despois, divididos en grupos, e logo por quendas, fomos dando resposta a algunhas das cuestións máis importantes do proxecto.
Para plasmar as ideas no noso muro da PREHISTORIA, empregamos tarxetas con imaxes e palabras que foron seleccionando e clasificando para dar resposta a distintas cuestións: cómo eran, cómo cambiaron, que comían, cómo o conseguían, qué empregaban, cómo vestían...


Aínda nos faltan cousiñas por averiguar e colocar, pero vamos avanzando!
14-2-2016
Esta venres  ARALE e a súa nai, ISABEL, colaboraron co noso proxecto da prehistoria!!!
Comezaron falándonos do home de NEANDERTAL e do home de CROMAÑÓN. Faláronnos de cómo eran e de cómo vivían e logo puxéronnos un vídeo no que se explicaba moi ben todo o que nos explicaron. Era un video de "Érase una vez el hombre" que nos gustou moito. 
Estivo moi ben e axudounos a repasar algunhas cousas que aprendemos últimamente e aprendemos outras das que non tíñamos non idea.
Logo, para rematar, ISABEL fíxonos unhas preguntas para comprobar que todos estiveramos atentos e premiounos con unhas medallas que nos fixeron moita ilusión!!!!
Moitas grazas por participar cunha actividade na aula!



15-2-2016
E seguimos completando o recanto da PREHISTORIA!


Temos dous novos disfraces para poñernos no recanto da PREHISTORIA, con eles parecemos auténticos cavernícolas.

Tamén comezan a chegar PINTURAS RUPESTRES Menuda palabra tan difícil, custounos un mundo apendela e aínda se nos resiste. Por sorte temos un truquillo, a ver se se acordan e volo contan;)

Xa estamos desexando facer as nosas propias PINTURAS RUPESTRES para decorar a entrada da clase e a nosa cova, xa vos ensinaremos qué tal quedan!








BISONTES  e MAMUTS!!! Cómo nos gustaría ver un MAMUT  de verdade! tiñan que ser impresionantes e fermosos!
 Iso de cazar a algúns parece que lles  apetece, outros non o ven tan claro... E cantas cusa poderíamos facer con eles!






Hoxe repasando o noso recanto decidimos contarvos polo menos algunhas das cousas que xa sabemos. Cada un tivo un tempiño para reflexionar e pensar qué vos querían contar.
Aquí volo deixo!

OLIVIA:
A PREHISTORIA chámase así porque daquelas non había letras e non se podía escribir o que pasaba.

MANU:
Na PREHISTORIA  utilizaban PINTURAS RUPESTRES para pintar as paredes. Pintaban o que vían e o que lles pasaba.

ÁLEX:
As PINTURAS RUPESTRES facíanas con TERRA e SANGUE.



KIARA:
Usaban LANZAS para CAZAR animales como o MAMUT.

ANTÍA:
Vivían xuntos en CUEVAS ou CHOZAS feitas de pieles, colmillos e paus.


NOA:
También PESCABAN con unas LANZAS raras de PALO y HUESO.

KIARA E NOA:
As lanzas que usaban para cazar e pescar estaban feitas con PAUS, ÓSOS e PEDRAS AFIADAS.


ÁLEX:
También comían FRUTOS y los cojían, eso es RECOLECTAR.

IZAN:
Hacían FUEGO chocando piedras. Era muy importante por el frío... si no se congelaban! También usaban pieles para taparse y iban a las cuevas a vivir si hacía frío.


OLIVIA:
Os cráneos eran diferentes ós nosos. Sabémolo polos ÓSOS que atoparon os PALEONTÓLOGOS.


XACOBE, JESÚS e IZAN:
 Vivían animales como BISONTES, MAMUTS E DIENTES DE SABLES.

ANTÍA:
Facían adornos como COLLARES de ósos.

HUGO:
Vestían con PIELES.

KIARA:
Facían FERRAMENTAS con pedras e ósos que afilaban.

OLIVIA:
Eran NÓMADAS. Cambiaban o sitio onde vivían.

ÁLEX:
Cambiaban el sitio donde vivían si cambiaba el TIEMPO.

XACOBE:
Tamén cambiaban de sitio para seguir ós ANIMAIS para poder comer.

ANTIA, NOA, MANU e JESÚS:
Os cambios que pasaron as persoas chámase EVOLUCIÓN.

CARLA:
O HOMO SAPIENS SAPIENS somos nós!

ANTÍA:
Ó principio eran parecidos ós MONOS.


19-2-2016
Seguimos recibindo contribucións para o recanto da Prehistoria!

JESÚS trouxo un puzzle moi chulo dos PICAPEDRA. Fixámonos nas peles dos traxes que levan xa que das roupas precisamente nos tocou falar o día anterior. Esta semana comezamos falando de cómo preparaban as peles para facer a roupa e dos utensilios que empregaban. Por exemplo  as AGULLAS, que facían con ósos.
NOA chegou con dous OSOS PARDOS moi chulos!
No vídeo de ARALE vimos como uns cavernícolas aproveitaban a COVA duns OSOS para vivir e como os CAZABAN para poder comer.

De seguro que non  comemos os OSOS de NOA, pero xogar xa estamos xogando moito con eles!

ALEX trouxo unha manualidade, unha FOGATA que parece de verdade! Ademais trouxo información sobre o LUME:
-Creábano chocando PEDRAS, frotando PAUS ou por casualidade aproveitando RAIOS, LAVA... 
-Transportábano con ANTORCHAS.
-Empregábano para QUENTARSE, para COCIÑAR o que cazaban, comoLUZ, para DEFENDERSE...

Esta semana tamén comezamos a traballar as PINTURAS RUPESTRES, pero aínda non terminamos! A próxima semana xa vos ensinaremos todo o que estamos a facer con elas e o que vamos investigando!
26-2-2016
Esta semana rematamos de ver a peli "LOS CROODS" que nos trouxera ÁLEX. Gustounos un montón e serviunos para fixarnos en cousas que estabamos a estudar en clase no medio dun montón de risas!
Moita graza nos fixeron as "fotos" que se facían na peli!

Na última semana chegaron novos debuxos especiais pra o nosos recanto da PREHISTORIA. Unha cavernícola dando de MAMAR, un PESCANDO e unhas PINTURAS RUPESTRES.

Como xa vos contarían, estamos a estudar precisamente as PINTURAS RUPESTRES.


Como punto de partida empregamos unhas manualidades que trouxeron CARLA e HUGO. Nelas podíanse ver unhas MANS e uns ANIMAIS.

Tamén empregamos un libro que trouxo na pasada avaliación ANTÍA sobre as COVAS de ALTAMIRA. Neste libro poidemos ver algunhas PINTURAS RUPESTRES reais da PREHISTORIA.
Aprendemos que as PINTURAS RUPESTRES eran a forma en que os CAVERNÍCOLAS se expresaban e recollían aquilo que vían na súa contorna e o que vivían.




Ó longo de varias investigacións, unhas cos libros de ANTÍA e NOA eoutras con libros que atopamos na biblioteca, descubrimos moitas cousas!
 -Empregaban para pintar: BARRO ou ARCILLA ou OCRE de distintas cores (MARRÓN, VERMELLO, AMARELO...),  SANGUE de ANIMAIS, CINZA e CARBÓN. 
-Para facer as pinturas mesturábanos con GRASA, AUGA... para facer unha pasta que puideran aplicar facilmente.
-Unhas veces empregaban as MANS, outras PINCEIS  feitos con ÓSOS ocos e PELO dos animais que CAZABAN, MUSGO como ESPONXA, e outras veces coa BOCA escupindo os colorantes.
-Ás veces, para que parecera que os animais se MOVÍAN debuxaban as patas varias veces.
-Pintaban escenas de CAZA, PERSOAS, MANS, BISONTES, MAMUTS, CABALOS SALVAXES, CERVOS, LEÓNS...



Aproveitamos para facer unha manualidade similar a unha que trouxera OLIVIA non había moito.


Logo seguimos cuns murais que simulan as PINTURAS RUPESTRES. 
Empregamos ARCILLA e arcilla con pintura vermella a modo de SANGUE de ANIMAL.
Debuxamos MANS, CAZADORES, unha escena de CAZA dun CABALO SALBAXE.


2-3-2016
Onte OLI fixo unha presentación na clase. Mostrounos as fotos da súa visita ó museo das COVAS DE ALTAMIRA!
Comentounos o que alí viu e mostrounos as fotos que fixeron na visita. Nela puidemos ver os paneis do museo no que se podían ver imaxes dos HOMES e MULLERES da PREHISTORIA. Unha das fotos que máis nos gustou foi a dos CRÁNEOS, menudas diferencias! E como OLIVIA saía na foto puidemos comparar o tamaño co dela.
Tamén puidemos ver paneis con animais que vivían na prehistori como: MAMUTS, LEÓNS, BISONTES...
Tamén nos ensinou fotos de PINTURAS RUPESTRES parecidas ás que nós fixemos, das FERRAMENTAS que empregaban e a ROUPA que levaban!
Gustounos moito ver as fotos e que OLI nos contara a súa experiencia!


4-3-2016
Aquí tedes a nosa nova manualidade para decorar máis a clase, un MAMUT moi simpático cuxo modelo nos pasou a profe Reme. Así o noso T-Rex terá comaña!

Esta semana chegaron novos materiais para o recanto da Prehistoria: dous libros dos que vos falaremos próximamente, un oso e un cabalo, unha pedra da que sacamos varias teorías e unha lanza xenial!

13-3-2016
CARLA e HUGO trouxeron novas decoracións para o noso recanto máis cavernícola! De paso repasamos cousiñas que sabíamos sobre as FERRAMENTAS e as formas de facer LUME.
ARALE trouxo unha la

As COVAS DE ALTAMIRA voltaron a aula cun folleto moi especial que nos trouxo OLI!
Nel puidemos ollar as PINTURAS RUPESTRES máis polo miúdo. Aprendemos  que os homes e mulleres da prehistoria aproveitaban as formas das covas para dar volume ós seus debuxos e que pareceran máis reais.
Empregaron mesturas de OCRE e CARBÓN (entre outras cousas)  para darlles cor AMARELO, VERMELLO, MARRÓN, NEGRO...

E de LAZAS tamén foi a semana! LANZAS de cartulina, de paus e goma eva, e papel! un montón de modalidades! Uns verdadeiros artistas moi orixinais!
É unha lástima que esta avaliación sexa taaan curta! 

20-3-2016
Como xa sabedes unha das cousas que máis nos interesou neste proxecto foron as PINTURAS RUPESTRES e CARLA e HUGO trouxéron unha das cpusas que os carevrnícolas empregaban para pintar: MUSGO!
Na prehistoria empregaban para pintar: as súas MANS, pinceis feitos con ÓSO e PELOS de animais e outras veces MUSGO a modo de esponxa. Tocando o MUSGO vimos que pode almacenar moita auga sen que caiga unha pinga, e o esponxoso que é, non parece unha planta!

ARALE trouxo a peli de CROODS e aproveitamos para recordar cousiñas da peli!
Logo lemos sobre a arte na prehistoria no libro que nos trouxo de "Vive y descubre la pintura", xa que trae unha parte xusto desta época que estivemos a estudar.

Tamén lemos o libro de ÁLEX "EL SEÑOR TROGLODITA". Moito nos gustou que ÁLEX nos contara este conto! Igual que neste conto, aprendemos a cultivar plantando uns tomates que nos trouxo ÁLEX. A ver se temo sorte e nos nacen a todos!!! Xa vos contaremos!

O xoves KIARA e a súa nai acompañáronos e fixeron de contacontos na clase!!! Leron un conto xenias da PREHISTORIA que nos gustou moito!
Logo KIARA mostrounos o traballadora que é na casa facendo unha presentación dun Libriño da Prehistoria que fixo. Serviunos de repaso do aprendido e encantounos a presentación!
Moitas grazas ás dúas pola actividade e a Susana e Yanira por visitarnos!
O último día de clase estivemos a xogar coas MARIONETAS da PREHISTORIA e os nosos COLARES de ÓSOS. Moito que facer nos deron estes colares: cortar, picar, e COSER!!! Qué difícil é coser...! Pero qué ben nos quedaron!




3 comentarios:

Comentar é gratis!