Romanos

29-04-2016
Último trimestre e último proxecto. Pero este último proxecto é un proxecto ó grande, no que todo infantil traballa xunto!
Nós xa comezamos vendo todo o que sabíamos dos romanos e achegándonos a algúns elementos romanos que nos son ben coñecidos como a MURALLA DE LUGO. 


Tamén comezaron a chegar elementos relacionados cos  ROMANOS!
Libros, disfraces, imaxes, debuxos e ata unha peli! Con tantas cousiñas xa abrimos o recanto dos romanos por todo o alto!
As imaxes e os disfraces viñéronnos xenial cando estudamos as roupas  e elementos que usaban os romanos: TÚNICAS, TOGAS, ESPADAS, LANZAS, ESCUDOS, DAGAS,...
Estamos no medio de varias investigación a raíz dos obxectos que foron chegando e estamos estudando cómo foi crecendo o IMPERIO ROMANO e preparando unha manualidade xigante relacionada con esto. É dicir, estamos moi atarefados!!! 
Os libros son xeniais e gústanos moito buscar neles para investigar. 
Esta semana tamén comezamos a coñecer os NÚMEROS ROMANOS.  Mira que son liosos, pero xa lles vamos pillando o truco! 
Ademais tamén nos achegamos a forma de decorar que tiñan: os MOSAICOS que facían con TESELAS. Grazas a isto, entre todos preparamos as teselas que forman o mosaico que agora decora a nosa porta!
6-05-2016
Esta semana KIARA trouxo un novo libro para o noso recanto dos ROMANOS. Veunos xenial para poder investigar un pouco máis e para poder decidir qué cousas poñeremos no mural dos romanos.





Achegámonos  a lenda de RÓMULO e REMO co libro de ÁLEX. Nel explícase a orixe de ROMA a mans de 2 irmáns xemelgos, fillos dunha humana e un deus, que foron abandonados no río  TÍBER dentro dunha cesta. Logo unha LOBA (Luperca)  fíxose  cargo deles amamantándoos ata que unha familia se fixo cargo deles. Explica o seu libro, cómo RÓMULO chegou a fundar ROMA.





Por suposto, continuamos investigando sobre os SOLDADOS e o EXÉRCITO  ROMANO que conquistou case todo o seu paso. Coñecemos as armas que empregaban: ESCUDOS RECTANGULARES, DAGAS, ESPADAS, LANZAS, XABALINAS... Falamos da formación en TARTARUGA que facían cos seus escudos e que xa investigara o grupo de alternativa na biblio e que tamén aparece no libro de MANU.



Tamén comezamos a investigar sobre os tipos de casas:
-DOMUS: Eran casas moi grandes nas que vivían as familias ricas. Tiñan aseos, bibliotecas, habitacións, grandes mosaicos que decraban as distintas estancias, espaciós abertos...
-ÍNSULAS: Edificios de pisos nos que vivían as familias máis pobres. As familias vivían xuntas nunha  única habitación. Na parte baixa dos edificios había tendas. Polo que limos no libro de MANU non tiñan aseos e eran escuras e ulían mal, posto que, ó non ter baños, tiñan que empregar orinales que logo vaciaban pola fiestra!!! Ufff, sen dúbida non era un lugar moi agradable para vivir!


Tamén investigamos sobre o CIRCO ROMANO (que tiña forma de ÓVALO) e as carreiras de CARROS. Descubrimos que quedan restos dun en Mérida.
Aprendemos que corrían 4 equipos que se identificaban con 4 cores (branco, vermello, azul e verde) e que a afición facía como agora poñéndose roupa da cor do seu equipo!
Corrían (entre outras) con BIGAS (carros de 2 cabalos) e CUÁDRIGAS (carros de 4 cabalos).

Interesounos moito todoo que ten que ver co ANFITEATRO máisimportante de ROMA: o COLISEO.
Alí combatían os GLADIADORES que podían ser ESCRAVOS e ás veces DELINCUENTES. Conbatían entre eles ou con ANIMAIS (leóns, elefantes...) ou só os aimais entre eles.
Non nos gustou demasiado que lles pasara isto sin querer eles, pero pareceunos interesante saber cómo se entretiñan na época. Ademais descubrimos que cando un GLADIADOR gañaba sufuciientes veces conseguía unha espada de MADEIRA que lle daba a LIBERDADE! Ahí entrou a espada de madeira que trouxo NOA!

13-05-2016
Soldados, gladiadores e romanos coas roupas da época fánsenos moi interesantes. Esa forma de vestir tan extraña e chula, esas historias tristes dos gladiadores e todo o espectáculo... Encántanos saber cada día máis cousiñas!
Comezamos a ver a peli de Xacobe e algún vídeo de "Asterix e Obelix" e moito nos gusta ver cómo se resistían ós romanos cada vez que os tentaban conquistar. Quen nos dera esa pócema máxica!
Así que os debuxos  e imaxes que van chegando dan moito que comentar e repasar.
O noso recanto cada vez está máis completo, temos disfraces, como o que trouxo ANTÍA esta semana, espadas, escudos, debuxos, libros, fotos... De todo!
O mural dos romanos aínda está a medias xa que estamos completándoo pouco a pouco, pero xa temos colocados monumentos e persoaxes máis importantes.

O Luns pola tarde tivemos a sorte de que ALEX e MEL nos fixeran unha presentación con imaxes dunha viaxe que fixeron fai un tempiño a ITALIA. Vimos unha chea de imaxes dos monumentos que visitaron e explicáronnos moitas cousas interesantes! 
Ademais rematamos cunha manualidade que nos trouxeron para facer na clase. Fixemos uns escudos estupendos!!!!
A visita estivo xenial, pero xa vos contaremos máis sobre ela a próxima semana que continuaremos dándolle voltas ós monumentos romanos e empregaremos as fotiños que nos deixaron!
Moitas grazas ós dous por colaborar no proxecto!

1-06-2016
Libros, disfraces e ata unha moeda coa MURALLA romana! Estamos desfrutando un montón do proxecto dos romanos!

Hoxe mostrareivos dous dos traballiños sobre os romanos que nos mantiveron ocupados.
O primeiro é o noso mural do proxecto, no que fomos plasmando algunhas das cousiñas que fomos investigando nos libros que nos enviastes, vendo vídeos e buscando por internet. Un resumo das nosas averiguacións.
Plasmamos a área que ocupaba o Imperio Romano e que falaban  LATIN. Decubrimos que a época dos romanos era moi diferente e que por desgraza as persosas non vivían tan ben como agora, que non todos eran LIBRES nin tiñan os mesmos DEREITOS. Que uns eran PATRICIOS (libres, con dereitos e que mandaban), outros eran PLEBEOS (libres, con algúns dereitos) e outros ESCRAVOS (sen dreitos, sen liberdade) e aprendemos cómo vivían segundo o grupo o que pertencían. Desubrimos que algúns ESCRAVOS conseguían a liberdade e se convertían en LIBERTOS.
Aprendemos moitas cousas dos SOLDADOS romanos e engadímolos ó mural.
Plasmamos que os romanos máis ricos vivían en casas presiosas ás que lles chamaban DOMUS, que tiñan baños, xardíns, bibliotecas... Estaban decoradas con fermosos MOSAICOS, como o que estamos elaborando entre todos os nenos e nenas de infantil e que pronto poderedes ver.
E que os que non tiñan tantos cartos, a maioría, vivían nunha especie de bloques de pisos chamados ÍNSULAS. Cada familia vivía nunha habitación na que non tiñan case nada. 
Baixo as ÍNSULAS había moito comercios e lugares onde mercar comida.

Os romanos aseábanse e pasaban tempo nas TERMAS. Había unha especie de piscinas, baños, zonas de masaxes, para ximansia... Eran públicos e os romanos asistían en quendas separadas segundo foran homes ou mulleres. Era un espazo para asearse, pero tamén era un lugar de reunión e para pasar un rato agradable.

Outro dos traballiños foi un mural no que se ve por onde se expendía o Imperio Romano. Polo medio da investigación descubrimos os nomes dalgunhas áreas.
Aprendimos que nós vivimos no que era HISPANIA, na GALLAECIA e que a cidade próxima de Lugo se chamaba LUCUS AUGUSTI.
Descubrimos de onde viña o nome de LUCUS AUGUSTI. LUCUS significaba "claro dun bosque", que é onde se fundou a cidade e "AUGUSTI" ven do emperador do momento OCTAVIO AUGUSTO.
Descubrimos que ASTERIX e OBELIX vivían na GALIA, onde se resistían a ser conquistados polos romanos e que aquí na nosa terra tamén lles costou moito!
Tamén localizamos, BRITANIA, EXIPTO  e, por suposto, ILATIA e ROMA!
Investigamos como se movían nas súas terras, nas súas conquistas e nosseus entretementos: en CARROS, a CABALO, en GALERAS,  LITERAS, CUADRIGAS, BIGAS, ... Que construíron multitude de CALZADAS que partían de ROMA e se extendían por todo o seu imperio. Descubrims que non todos os romanos tiñan acceso a todos os medios de transporte e que moitas veces se servían dos ESCRAVOS para ser transportados e para que construiran as calzadas.
E moitas cousas máis!

3-06-2016
Aquí tedes a nosa MURALLA romana! Decidiron que debía ter unha PORTA e a TORRE DA MOSQUERA.

14-06-2016
Aquí nos tedes preparando a nosa parte do disfrace de romanos: uns brazaletes e unha coroa de emperador romano.

17-06-2016
Ultima semana cargadiña!  Manualidades, folletos, e a nosa exposición xa aberta!!! Agardamos que vos guste o mosaico xigante que fixemos entre todos os nenos e nenas de infantil ;)
Tamén rematamos as nosas carpetas/maletín. Decoramos a muralla de Lugo e puxémoslle unha cenefa tipo romana que segue unha serie de formas e cores. Tras ver varias opcións eliximos entre todos a serie máis complicada e quedou estupenda!
20-06-2016
Saída ó Lugo Romano!!!
(Pinchando na esquina superios dereita podedes ampliar)


22-6-2016
Día lúdico de xogos romanos!!!
Onte tivemos un día moi divertido de xogos romanos no que o pasamos pipa!

Tivemos xogos por equipos como o de “ataque á muralla”, bolos, dardos, a ferradura, "písalle a cola ó león no coliseo", "romanos contra celtas", "labirinto da domus" e debuxo romano.

4 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Gracias maria por enseñarles como lo haces ya que xan viene explicando todo lo que hacéis y le encanta y sobre todo que lo aprende muy bien

    ResponderEliminar
  3. Gracias maria por enseñarles como lo haces ya que xan viene explicando todo lo que hacéis y le encanta y sobre todo que lo aprende muy bien

    ResponderEliminar
  4. Gracias a todos vosotros, con papis que colaboran y se implican todo es más fácil y más motivador!

    ResponderEliminar

Comentar é gratis!