29 de xaneiro de 2016

Día da Paz!

Hoxe conmemoramos no cole o Día da Paz! Durante esta semana decoramos a clase e entre todos os nenos e nenas de infantil fixemos un arco da vella coas pegadas das nosas mans e cunhas nubes azuis xeniais. 
Hoxe aproveitamos para facer unha festa xunto cos nenos e nenas da outra clase de 5 anos: comemos, bailamos... pasámolo pipa!
Para rematar, todos xuntos aprendemos unha canción especial para este día que cantamos todos xuntos. 


Disfraz de entroido!

Onte enviamos unha nota na que se explicaba cómo se fai a vosa parte do disfraz deste ano.
Só hai que:
      1. Cortar 4 tiras para facer os  tirantes e de suxeccións laterais.
(Non o deixedes moi xusto para que lles colla ben a roupa debaixo para o desfile)
      2. Debuxar unha estrela en cada prancha de goma eva o máis grande posible e recortalas.
     3. Grampar as tiras ás estrelas.
     4. Facer unha cara ou debuxada ou co material que queirades.
Podedes traelos tan pronto os teñades.
Para calquer cousa non dubidedes en preguntar!

Izan xa o trouxo hoxe e quedou xenial! Así que nos pode servir de modelo ;) 



27 de xaneiro de 2016

ANTÍA trae unha sorpresiña!


Hoxe ANTÍA trouxonos unha sorpresiña: un PEITOQUE!

Trátase dun INSTRUMENTO de PERCUSIÓN parecido a unha castañola. 

Chámase peitoque porque se coloca no peito e se toca a "toques". 

Fórmase por dúas pezas de MADEIRA con forma de CÍRCULO. 

Dentro hai un oco, unha CAIXA DE RESONANCIA. 

Leva ademais unha goma que as une e unha corda.

Tivemos a sorte de que llo prestaran para mostrárnolo na clase. Fixo unha pequena demostración para que viramos cómo se emprega e escoitaramos o seu son.

É un instrumento moi orixinal e curioso. Encantounos e enriba deixóunolo probar a todos!

Moitas grazas á familia e á profe de pandereta que llo prestou por darnos esta oportunidade!






19 de xaneiro de 2016

"TELE OLIVIA!"

Menuda sorte temos, hoxe Oli e a súa  nai compartiron un invento revolucionario: unha tele feita por elas e que conta uns contos xeniais! 
Léronnos 2 contos que nos gustaron moito. OLI leunos estupendamente "OS TRES PORQUIÑOS" e pudémolos ver na "tele" coa axuda da súa nai.
Logo a súa mamá, SONIA, leunos "ANTÓN, O GATO LAMBÓN" e OLI fixo posible que o víramos na "pantalla".
Estivo xenial e máis de un quedou coa boca aberta!

Para facer esta supertele e os contos traballaron xuntas OLI, SONIA e DANIELA. Un traballo en familia que valeu moito a pena! ;)
 Moitas grazas ás 3 por colaborar e animarvos a participar na clase!


7 de xaneiro de 2016

Abrindo os regaliños para a nosa aula!

Hoxe chegamos e alí estaban!!!! 
Algúns xa sospeitaban que teríamos algo agardando na clase e estaban no certo. Ademais atopamos unha carta asinada polos Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador!
Por suposto que se nota que teñen espías por todas partes, porque nos deixaron cousas que dixemos na clase que nos virían estupendamente! 
Algúns dos nenos dixeron que eles tamén lles comentaran algo ós Reis para que trouxeran estas cousiñas.