24 de febreiro de 2016

ANTÍA tráenos uns PITOS!!!

ANTÍA trouxo esta semana un novo instrumento para presentárnolo na aula. 
Trátase duns "PITOS", que son unhas CASTAÑOLAS pequeniñas que se colocan case na punta dos DEDOS e que producen un son moi agradable ó tocalas. 
Consisten nunha parella de anacos de madeira cun oco interior, para dar maior resonancia e redondeadas no exterior.  Teñen 2 furadiños por onde pasa un cordel ou gomiña, como neste caso, que manterá xunta a parella e permite sostelas e tocalas. Colócanse normalmente sobre o dedo ANULAR ou o CORAZÓN. 
Moitas grazas á familia e á profe de pandereta que llos prestou!
Aquí vos deixo un vídeo demostración.

15 de febreiro de 2016

Palabras do mes de...

A mediados do mes de Novembro comezamos cunha rutina nova para o encargado: “A palabra do mes de________”
Cada día, o encargado ou encargada escribe o seu nome, escribe o día do mes no que estamos e escribe a palabra que queira.
Agora que xa temos as palabras de varios meses vese cómo foron mellorando e as palabras que se lles foron pasando pola cabeza. 
Foron empregando as letras minúsculas que ían aprendendo, por iso nalgunhas palabras mesturamos ás veces maiúsculas e minúsculas. 
Algúns escribiron as palabras sós, outros escoitándoas dicir despaciño e oíndo os sons, outros escribían según as dictábamos entre todos, e algún copiounas.
Algunhas palabras estaban relacionadas con cousas da clase ou do que estabamos traballando, outras con cousas que nos gustan ou con cómo nos sentíamos, palabras que críamos que saberíamos escribir sós...
Moitas deron para falar delas despois, como cando escribiron fútbol e baloncesto e saíu o tema dos deportes e o xénero. Grazas a isto abriuse un debate sobre gustos, sobre qué se nos da ben ou mal. Os desacordos e a curiosidade de algúns levounos a ver uns vídeos dunhas futbolistas dominando o balón e duns rapaces campións de ximnasia rítmica. Foi moi interesante este debate, os cambios de opinión e cómo valorabamos despois esta cuestión.
Outro día saíu a palabra Dakar e aproveitamos para buscalo no noso Atlas e ver ónde estaba. 
Houbo palabras moi difíciles de escribir que nos custaron un montón e outras que saían soas.
O máis importante e que todos os días estamos desexando escribir a palabra do mes!



14 de febreiro de 2016

Día do amor e a amizade!

Este venres celebramos preparámonos para o Día do Amor e a Amizade cuns corazóns que quedaron moi chulos!
Como todos son grandes amigos, todos se regalaron entre sí os corazóns!

Saímos no xornal!

Hoxe volvemos saír no xornal!!!! Esta vez vense algúns disfraces máis e algúns nenos máis da clase;)
El Progreso

6 de febreiro de 2016

Entroido con Manuel María!

O venres celebramos o Entroido e comezamos coa actuacións dos nenos e nenas que participan na actividade de Boadway !

Logo, celebramos todos xuntos un Entroido moi especial en homeaxe a Manuel María no que participou todo o cole! 
Os poemas de Manuel María préstanse moito para traballar en infantil e primaria e deron uns disfraces xeniais e moi orixinais: soles, lúas, estrelas, muíños, pastores, mariñeiros... a uns encantáronlles os mariñeiros cos seus barcos, a outros os pastore, outros encantoulles ser estrelas... o máis imortante é que o pasamos moi ben, rimos moito e agardamos que o disfrutarades vós tamén!
E hoxe saímos no xornal(El Progreso)! Unha pena que a imaxe non teña moito que ver co pé de foto... ;)



Ano novo chino: "Año del Mono Rojo de Fuego"

O ano pasado celebramos nestas datas o ano da Cabra e esteano o do Mono!


Estimulación da linguaxe!

Como sabedes, este ano continuamos tendo as nosas sesións de estimulación da linguaxe con contos xeniais e  ximnasia para as nosas linguas! 

Nova caixa para os coxíns!

Levounos varios días preparala, pero por fin os nosos coxíns teñen caixa nova!

Preparados para o inverno!

Xa temos a clase decorada de inverno!