20 de marzo de 2016

Recuperamos o areeiro!!!

Esta semana o tempo permitiu que a area secara e isto permitiunos poder sacar por fin cubos e palas!!! Cómo botábamos en falta estos momentos de xogo na area, e tanta foi a felicidade e a súa concentración que semellaban abelliñas na colmea! Estas son fotos do primero día de areeiro no recreo dende hai moitísimo tempo e dun día que nos quedamos a disfrutar do bo tempo pola tarde e fixeron unha megaconstrucción!

Pandeiros marroquís!

Esta semana Antía tróuxonos uns pandeiros moi especiais chegados de Marruecos e moi benvidos a nosa clase! Búscamolo no Atlas e menuda viaxe ata a nosa clase!
Segundo nos contou a nai de Antía o redondo chámase “bendir” e ambos son de orixe bérber.
Antía explicounos que un está feito con pel de cabra e o outro con pel de camelo. 
Como vedes nas imaxes son preciosos! 

Esta vez non atopei vídeos nos que se poidan escoitar estes instrumentos tan chulos, pero si algúns similares, así que seguirei buscando! Se vós sabedes de algún anímovos a colgalo con comentarios e axuntareino na entrada;)

OBRA DE TEATRO!

O venres 18 tivemos unha Obra de Teatro sobre a vida de MANUEL MARÍA!

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA!

O pasado venres conmemoramos o Día da Árbore e da Auga! Os nenos e nenas de 3º de primaria recorreron as clases presentando a árbore deste ano,uncastiñeiro ó que chamaron "O Rei do Magosto".
Tamén lemos un conto moi chulo  "Érase unha vez un castiñeiro". 
Logo visitámolo no patio. 

18 de marzo de 2016

Tocando o Trombón!

O pasado venres día 11 tivemos unha actividade especial. Álex e a súa nai trouxeron un Trombón! Estivo xenial. Xogamos a adiviñar animais polo son e a adiviñar cancións! Algunhas eran moi difíciles pero estes cativos teñen moi bo oído!
Ensinounos tamén a limpalo, era moi curioso.
Logo tentamos facelo soar un por un, pero non é nada fácil!
Aquí vos deixo algunhas imaxes con música de trombón... adiviñade a canción! jajaja

Semana da Prensa e Día da Muller!!!

           A semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa e o Día da Muller!!!
 Traballamos os distintos medios de comunicación e a traballamos con xornais fixándonos en cada parte: encabezado do xornal, titular, corpo da noticia, pé de foto, ... Falamos dos distintos traballadores dos xornais: xornalistas, fotógrafos, redactores... 
       Unha vez localizados todos os elementos e tendo claro en que consiste cada cada parte,  entre todos elaboramos unha noticia de exemplo. Aquí vos deixo a súa transcripción.


O día 8 celebramos o Día da Muller!
Lemos uns contos moi divertidos: "La Princesa Listilla" e "O Libro dos Porcos".
Logo falamos das nosas nais, por ser unhas das mulleres máis importantes nas nosas vidas e de todo o que fan por nós cada día. Aproveitando a conmemoración da Semana da Prensa preparamos como noticia o día da Muller e deseñamos un titular entre todos e logo debuxamos as nosas nais no seu traballo diario. 
Agardamos que vos guste!


4 de marzo de 2016

Cubos de historias!

Aquí vos presento os "CUBOS DE HISTORIAS"! 
Trátase unha das nosas actividades favoritas e consiste en crear historias a partir das imaxes que aparecen logo de tirar os dados. 
Xa estamos facendo historias con 4 dados e cada vez se nos da mellor, aínda que ás veces é difícil!!! 
Esta actividade favorece, entre outras cousas, a creatividade, a imaxinación, desenvolve a linguaxe e súa capacidade para secuenciar e organizar as súas ideas. 
Aquí vos deixo imaxes de hoxe  ;)


Nova rutina de educación emocional!

En infantil entre outras cousas traballamos para potenciar a intelixencia emocional. Trátase de que perciban e identifiquen as emocións e que as comprendan, que as poidan manexar e as empreguen para o seu benestar e o dos demais. Todo isto aplicado a eles mesmos e ós outros. Este traballo repercute directamente na mellora das súas habilidades sociais e na súa autorregulación emocional.
 
No primeiro trimestre empregábamos unhas moedas das emocións. Había todo tipo de emocións e empregámolas para expresar cómo nos sentíamos e para facer xogos de rol.
Neste segundo trimestre estamos a realizar unha nova rutina. Trátase das PIRULETAS DAS EMOCIÓNS!
Cada día ó chegar, como xa sabedes, pasamos lista e temos a asamblea. Nela, cada un ten un momento para expresarse libremente e poder contar o que lle apetece. Ás veces é sobre un tema da época na que estamos, dunha festividade, algo especial que fixo, planes... Por iso é o momento perfecto para traballar as emocións na aula.
 As PIRULETAS serven para mostrar ós demais cómo nos sentimos cada día ou cómo nos fai sentir algo. 
Todo o que ocorre ó noso redor inflúenos directamente e falar dos nosos sentimentos axuda a regular as nosas emocións e a expresalas.
As piruletas permítenlles pararse a pensar no que realmente sinten e dalles a oportunidade de expresalo.
Por exemplo, en algunha ocasión houbo algún compi preocupado por situacións familiares ou algún problema cun compañeiro, ou tivo unha pesadilla... cando tiveron que decidir, decidíronse pola piruleta de cariña TRISTE ou ENFADADO e puideron explicar por qué. Tiveron a oportunidade de expresarse e pór en palabras o que sentían e desafogarse, e os demais tiveron a oportunidade de consolalos con experiencias similares que remataron ben, outras veces optaron por dar unha gran aperta, outras veces falouse sobre o tema ata que quedaron agusto... 

Por suposto esta actividade non vai a quitarlles toda a preocupación ou o enfado, pero si lles axuda e contribúe a aprender a xestionar as súas emocións

2 de marzo de 2016

Rincóns na segunda avaliación!

Aquí vos deixo algunhas fotos dos rincóns que lles sacamos últimamente ;)


1 de marzo de 2016

Palabras do mes de FEBREIRO!

Aquí temos as palabras deste mes! Cousas que viron na clase, cousas que lles gustan, coussa relacionadas co que se falou na asamblea... de todo.