Contacontos

Un ano máis continuamos apasionados polos contos!!!

Este ano a primeira en animarse a contarnos un conto foi OLIVIA. Aínda máis, non só o contou, senon que o leu enteiriño, e iso que non está en maiúsculas! 
Moitas felicitacións para OLIVIA, encantounos o teu conto!

A ver quen se anima a contar ou ler o próximo porque sempre o facedes xenial!
_____________________

NOA trouxo un conto xenial!!! Contouno na nosa clase, e fíxoo de forma moi divertida! Rimos un montón. Ademais  foi moi amable e xenerosa e  prestoullo ós compis da clase de de 3 anos que, como o "POLLO PEPE", comezaron hai pouco o cole.  
_____________________

NOA contounos un conto estupendamente. Serviunos para contar e repasar os números ata o 10. Ademais tiña uns debuxos e  unhas rimas fermosas e que NOA recitou moi ben. Iso fixo que quedaramos pasmados escoitándoa.
_____________________

ANTÍA sorprendeunos a semana pasada cun conto moi curioso, e hoxe por fin puidemos desfrutalo. ANTÍA foino contando e nós rimos e "alucinamos en colores" (como decía XACOBE).
_____________________
¡XACOBE trouxo un libro xenial de DRAGÓNS! Fómolo contando ós poucos nesta semana xa que ten unha chea de detalles para ver. Estivo moi interesante e nótase que XACOBE coñece moi ben este conto, porque sabía unha chea de detalles interesantes de cada Dragón do libro.


OLIVIA trouxo un conto moi chulo de "Tarta de Fresa" aínda non o rematou de ler, pero iremos léndoo pouquiño a pouco. Iso sí, non o volveremos ler antes de comer, porque de tanto ler de galletas e cousas ricas a esas horas... ¡Mmm!

_____________________

IZAN leunos un conto dos Bolechas moi simpático! Fíxoo o venres pasado e esquecemos sacar a foto, así que onte o primeiro que fixemos poi sacala. Gustounos un montón, Izan fíxoo xenial e fíxonos rir moito!
_____________________

Hoxe xogamos con CARLA e o seu libro! Repasamos letras, números e vocabulario variado en galego, castelán e inglés! Ademais aproveitamos para cantar a canción das vogais. Pasamos un rato moi entretido e divertido ;)

KIARA contounos esta semana o seu conte de "Leo con Peppa" que estaba xenial! Está escrito con letra ligada en minúsculas e logo o mesmo tamén maiúsculas. Ademais, Peppa Pig encántanos, así que foi todo un éxito :)

_____________________

Hoxe lemos un conto moi especial que nos trouxo XACOBE. Trátase dun conto de dinosaurios xenial do escritor Manuel María ó que xa nos achegamos polo Samaín.  Xa o tiñamos dende fai un tempo na clase e non tivéramos tempo para lelo con calma e encantounos!!!
_____________________

Esta semana profundizamos no libro de ARALE e a súa persoaxe principal "Breogán". Así, aprendemos algo da lenda deste antigo rei celta galego. 
Aproveitamos para achegarnos ó poema "Os pinos" de Eduardo Pondal e himno galego. Estivemos moi atentos para escoitar a parte na que se fala de "Breogán" e encantounos coñecer o significado dalgunhas partes complicadas do himno. Escoitamos a versión do himno da cantante galega Lucía Pérez que o canta estupendamente e de forma moi doce. 

_____________________

XAN trouxo xa fai tempo un libro estupendo que desfrutamos na biblioteca e que nos encantaba. Esta a cheo de solapas para levantar e debuxiños para localizar nunhas ilustracións moi chulas. Hoxe démoslle un último vistazo e despedímonos.
_____________________

Tamén aproveitamos para reler un conto dos Bolechas que trouxo ANTIA e que nos encanta. Por enriba, o can dos Bolechas chámase igual que unha das persoaxes do libro da Prehistoria no que traballamos : CHISPAS!
_____________________

ARALE trouxo un conto cuxa peli vimos case todos na clase, cuxas cancións nos encanta cantar e bailar.  Esta semana tivemos a sorte que que ARALE nos lera o conto de FROZEN e gustounos un montón!!!
_____________________


Logo de ir á Casa Museo Manuel María a actividade do Contacontos "O bigote de Mimí" tivemos a sorte de que Olivia nos trouxera o libro para velo na clase con calma. Tivémolo con nós ata esta semana no recanto de biblioteca e encantounos ver a Mimí de preto ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentar é gratis!