25 de maio de 2016

Primavera!!

Case esquezo mostrarvos como adaptamos o noso mural á primavera!!!
Aquí o pordedes ver, quedoulles moi chulo. Eles decidiron qué facerlle e puxémonos mans á obra!

Letras Galegas 2016!

O  día 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, neste ano en honor a Manuel María, e como sabedes estamos levando a cabo moitas actividades neste sentido.
O día 13 de maio conmemorámolo no cole. Foi unha xornada adicada ós nenos e nenas e na que coidamos que pasaran un día bonito e entretido. E polo que parece, pasárono pipa!
Pola mañá os nenos e nenas de infantil disfrutamos dun contacontos musicado e moi divertido relacionado coa obra de Manuel María. Esta actividade foi levada a cabo por dous coñecidos moi queridos polos nosos cativos e como eles os chaman en pack: "Saleta e Josito"! Cantamos, rimos, interactuamos con eles... A actividade tivo un éxito rotundo, non puidemos rir máis!!!!

Pola tarde xuntámonos todos no patio para cantar xuntos o poema de Manuel María "O carro".  
Tivemos a tremenda sorte de ter con nós a Antón Castro (compoñente do grupo musical  "Fuxan os Ventos") para acompañarnos cantando esta fermosa canción.
Déixovos un pequeno  vídeo (amplíase na esquina superior dereita). 


Logo a AMPA preparou unha actuación para os nenos e nenas, na que cantaron, tocaron e bailaron danza rexional galega. Foi unha actuación preciosa como sempre! Aquí tedes algunhas imaxes!


13 de maio de 2016

Feliz Día da Familia!

O domingo 15 de maio é o día da familia e nós conmemorámolo hoxe.
Traballamos moito e con moito cariño para que tiverades unha fermosa sorpresa para este día tan especial!
Comezamos a mediados do mes de abril para que cada compi tivese tempo para facer o seu cadro o seu gusto. 
Eles distribuíron as tiras, decidiron cómo pór as cores, pintaron con pincel e deixaron a súa pegada con moito amor para a súa familia.
 Decoraron a bolsa cun corazón empregando a puntiña dos dedos e pintura prateada. 
Puxeron unha felicitación feita por eles que decoraron con pintura de diferentes cores e palliñas de plástico a modo de pincel, escribiron a felicitación con rotus, botaron billantina... e listo, un super regalo!
Estaban moi ilusionados e esforzáronse un montón!
Agardamos que vos gusten e que atopedes un bonito lugar para o seu regaliño!



Feliz Día da Familia!!!