19 de decembro de 2015

Festival de Nadal 2015!

Agardamos que disfrutarades do Festival tanto como o fixemos nós ;) Aquí vos deixo un resumo. Se queredes velo máis grande pinchade na parte superior dereita.
Bo Nadal a todos e todas!

18 de decembro de 2015

Calendarios

Aquí vos deixo os debuxos de Nadal dos calendarios para o ano 2016 que elaboraron os nenos e nenas da clase.

Melchor na nosa porta!

Pois así decoraron os cativos a nosa porta! Pintaron, pegaron, recortaron estrelas... quedou estupenda!

16 de decembro de 2015

Manualidade de Papá Noel!

A semana pasada rematamos unha manualidade dun Papá Noel que entra e sae da chimenea, encántanos!

14 de decembro de 2015

Nadal co Apalpador!

Encántanos o Nadal e a nosa clase xa está decorada para celebralo! Ó  longo do mes de Decembro fomos facendo algunhas manualidades de Nadal para decorar a nosa clas,e ó tempo que aprendemos algunhas panxoliñas.
Ademais coñecemos ó Apalpador e hai que ver cómo nos gusta a historia do Apalpador e a súa canción! Por suposto, algúns xa o coñecían ;)
O mural está xa colgado na aula e queda xenial. Tamén aproveitamos e fixemos uns mini-Apalpadores que quedaron moi chulos!


5 de decembro de 2015

Mural novo!

Por fin rematamos o mural da árbore do bosque!

Levábamos traballando nela xa máis de 2 semanas e esta semana puxémoslle os últimos pequenos detalles que nos faltaban.
Fixemos as follas da árbore estampando esponxas con distintos tons de verde que mesturamos na aula e puxemos unhas cantas follas de Outono das que recolleron no patio os compis.
O tronco fixémolo arrugando e retorcendo papel pinocho marrón.
A herba pintámola con rodillo e logo salpicámola con un verde moi clariño empregando un cepillo de dentes.
A matogueira pintámola con rodillo e cun verde diferente que fixemos e puxémoslle froitos vermellos cos dedos.
O fondo de celofan azul decorámolo con estrelas estampadas cos nosos dedos en cor dourado. No alto puxemos unha Lúa chea.
Para rematar pegamos a porta e pintamos as ventás da casiña dos esquíos Chip e Chop.

27 de novembro de 2015

Saída "O bosque moito máis que madeira" e "Animalandia"

Hoxe realizamos unha saída á cidade de Lugo. Comezamos cun paseo a pé ata a Praza Maior. unha vez alí subimos ó templete da música, onde comemos un pouquiño para ter forzas para as visitas que nos agardaban. 

Primeiro visitamos a exposición "O bosque moito máis que madeira". Estivo xenial, moi recomendable sen dúbida! A nosa guía falounos de forma moi didáctica dos nosos bosques e de toda a vida que neles podemos atopar. O mellor foi poder tocar e experimentar por nós mesmos, pero tamén nos encantaron as imaxes, as pezas e reproducións. Na nosa clase por unanimidade o mellor foi tocar a reprodución realista dunha fermosa cabra e as sementes que estaban enganchadas na súa pelaxe.
Aprendemos sobre a terra, as plantas, as árbores, os animais... cómo a vexetación beneficia ó noso mundo e cómo a natureza se abre paso para continuar.

Unha vez rematada a visita achegámonos ó Museo Provincial de Lugo para a realizar a actividade "Animalandia". Puxeron as gorras de investigadores felinos e caninos para rastrear os cadros e esculturas en busca de animais. Para amenizar a actividade, puxéronnos unhas pegatinas de cariñas moi simpáticas por atopar os animais e déronnos a tocar as texturas do pelaxe e plumas de distintos animais. foi moi entretido!

31 de outubro de 2015

Vídeo recitando a Manuel María polo Samaín!

Como sabedes, cada ano adícase o día das Letras Galegas a unha persoa destacada pola súa creación literaria en lingua galega. No ano 2016 o homenaxeado será o poeta Manuel María, nado en Outeiro de Rei. Por esta razón, durante este curso académico realizamos un achegamento a este poeta. 

Así, comezamos xa dende a primeira conmemoración, o Samaín. Esta festa con raíces celtas propias da nosa terra galega, chega este ano impregnando ás aulas cos versos de Manuel María.
Mural feito polos nenos e nenas de infantil.

Se pinchades aquí, accededes a páxina web da nosa escola e podedes ver o vídeo onde  os nenos e nenas recitan para o desfrute de toda a comunidade educativa tres dos seus poemas relacionados con elementos tan característicos desta festividade, como son: “A Lúa”, “O Lobo” e “O corvo”.

Para ver en grande os vídeos podedes pinchar no vínculo que aparece na parte superior dereita dos vídeos (onde pon ventá externa).

Agardamos que vos gusten e desfrutade da noite de Samaín!

Cousiñas Samaín!

Aquí vos deixo algunhas das cousiñas de Samín que fixemos.


Cousiñas que chegaron a clase...

A próxima semana  mostraremos uns mandalas de outono e Samaín moi chulos pintados con acuarelas e que decoran a porta da aula. Tamén pintamos un gato digno dunha meiga, pero como queremos que todos participen agardaremos a estar todos para poñelo na porta. Os nenos que aínda están maliños, agardamos que sanedes prontiño, disfrutedes da ponte e volvades con forzas, que xa vos botamos de menos!

27 de outubro de 2015

Cancións de Samaín!

Aquí vos deixo algunhas das cancións que máis nos gustan na aula relacionadas coa festa do Samaín. Ollo que moitos xa as saben ou case!

Conmemoramos o Samaín!!!


Como xa sabedes estamos no tempo do Samaín, unha festa de orixe celta, que conmemoraba o fin do verán, o fin da época da colleita e o principio do inverno.

Para os nosos antepasados celtas, a última noite do mes de Outubro era un momento de cambio: do veran ó inverno; de andar ó sol fóra da casa, a recollerse o carón do lume dunha lareira para matar o frío; e a morte do Sol para entrar no tempo da oscuridade.

Era unha noite para comer e beber os  froitos da colleita e almacenar para o duro inverno. Esta noite era unha noite de festexos, e os "druídas" das aldeas tiñan un papel especial. Nesta noite de cambio críase que a porta do máis alá estaba aberta para que os defuntos se puideran comunicar cos vivos. 

As almas viñan á terra con moi diversos fins, para uns con bos propósitos e para outros con non tan bos fins. De aquí as tradicións relacionadas coa comida, coas "figuras de medo" e o lume. Así, por exemplo, tallaban caras nas cabazas e acendían lumes, para afastar os malos espíritos. 

Na nosa clase comezamos a semana pasada a facer un achegamento a esta conmemoración con actividades de todo tipo. 
Aquí podedes ver o resultado das bruxiñas que decoraron na casa. Moitas grazas a todos por colaborar! Encantáronnos e xa decoran a entrada de infantil. 
Carla, encantounos tamén a bruxiña que nos mandache e estamos desexando que te poñas boa para poñer a túa foto coa bruxiña.
Olivia, tamén agardamos que te mellores para festexar contigo o Magosto e o Samaín.

Algunhas das merendas tamén chegaron "tuneadas" de Samaín!

23 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS!

Mañá, 24 de Outubro,   celébrase o Día Internacional das Bibliotecas e con este motivo hoxe conmemorámolo no cole. 
Posto que este curso se lle adica o Día das Letras ó poeta Manuel María, que naceu en Outeiro de Rei, este tivo unha presenza especial nas aulas da nosa escola.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de EP visitaron as aulas do cole para recitarnos varios poemas relacionados co Outono que nos encantaron! Eran fermosos e foron moi ben recitados. 
Nos próximos días visitaremos a biblioteca do cole, posto que nestes días somos moitos os que queremos ir. Por sorte os nenos de 5º trouxeron un cachiño da biblioteca do cole cos seus poemas. Moitas grazas a todos!
Doutra banda todos os nenos do cole decoremos uns "pins" moi chulos para recordar esta conmemoración. Quedaron moi chulos!




18 de setembro de 2015

Dinosaurios!

Comezamos cun pequeno proxecto sobre os DINOSAURIOS e como sempre podedes colaborar con contos, puzzles, xoguetes, pelis... calquer material que se vos ocorra! Por suposto estades invitados se queredes realizar algunha actividade con nós ou vir ler un conto ;)

Xa en 6º de infantil!!!

Benvidos o blogue de 6º B de infantil un ano máis!!!

Comezou o novo curso e xa estamos a todo tren! Agardo que tiverades un verán estupendo e que repoñerades forzas para este último curso de educación infantil!


Este curso comezamos con moitas ganas de aprender cousas novas ó tempo que nos divertimos.