27 de novembro de 2015

Saída "O bosque moito máis que madeira" e "Animalandia"

Hoxe realizamos unha saída á cidade de Lugo. Comezamos cun paseo a pé ata a Praza Maior. unha vez alí subimos ó templete da música, onde comemos un pouquiño para ter forzas para as visitas que nos agardaban. 

Primeiro visitamos a exposición "O bosque moito máis que madeira". Estivo xenial, moi recomendable sen dúbida! A nosa guía falounos de forma moi didáctica dos nosos bosques e de toda a vida que neles podemos atopar. O mellor foi poder tocar e experimentar por nós mesmos, pero tamén nos encantaron as imaxes, as pezas e reproducións. Na nosa clase por unanimidade o mellor foi tocar a reprodución realista dunha fermosa cabra e as sementes que estaban enganchadas na súa pelaxe.
Aprendemos sobre a terra, as plantas, as árbores, os animais... cómo a vexetación beneficia ó noso mundo e cómo a natureza se abre paso para continuar.

Unha vez rematada a visita achegámonos ó Museo Provincial de Lugo para a realizar a actividade "Animalandia". Puxeron as gorras de investigadores felinos e caninos para rastrear os cadros e esculturas en busca de animais. Para amenizar a actividade, puxéronnos unhas pegatinas de cariñas moi simpáticas por atopar os animais e déronnos a tocar as texturas do pelaxe e plumas de distintos animais. foi moi entretido!