22 de xuño de 2016

Fin de curso!

Rematamos o curso cunha mañá de intensa actividade!

Tivemos unha actuación dos alumnos que asisten á actividade de Broadway, festa nas aulas, unha adaptación feita polo grupo “Cool School” da obra de teatro “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela” que foi escrita por Manuel María, unha actuación de baile rexional e pandereta e rematamos cantando a canción de “O carro” baseada no poema de Manuel María!

Unha vez na clase rematamos facendo memoria recordando as actividades que máis nos gustaron ó longo deste curso e do anterior, falamos de todo o que nos gustaba de cada un dos nosos compis e despedímonos cun abrazo de oso!

17 de xuño de 2016

Concerto da Banda Municipal de Música de Lugo!

Pasámolo xenial no concerto! Bailamos, cantamos, rimos... foi moi divertido!

3 de xuño de 2016

Soprarei e soprarei...!!!

Esta semana levaron para a casa os muíños de vento que fixeron no Programa de Estimulación da Linguaxe que teñen os mércores coa profe Ana de Audición e Linguaxe. Con eles fixeron exercicios de respiración soprando e tentando facer que se moveran. Estiveron moi concentrados e quedaron moi chulos!!!

1 de xuño de 2016

Saída a San Cibrao!

A semana pasada tivemos unha saída a San Cibrao.
Pasámolo pipa xogando nun parque xenial. Logo visitamos a Casa do Mar onde vimos unha chea de coudas relacionadas co mar: barcos, aparellos de pesca, animais... Foi moi interesante!
Na clase coñecemos a lenda da Maruxaina, unha serea que vive nun castelo baixo o mar diante da costa de San Cibrao. Uns din que é boa e salva os mariñeiros que naufragan e outros que é mala e que engana os mariñeiro para que queden no mar con ela.
Unha vez na praia buscámola... e atopámola!
Por desgraza ó rematar de comer comezou a chover e tivemos que resgardarnos. Unha lástima, que queríamos xogar na prai cos cubos e coas palas... Pouco despois parou de chover e  xogamos cos aros nunha praciña moi xeitosa!