Rutinas


Boas!


Como sabedes xa comezamos o último curso da etapa de educación infantil. E cómo será? Pois xa coñecedes a s nosas rutinas, pero se queredes ler sobre elas podedes seguir lendo ;)



Por suposto as actividades cambian segundo o día da semana no que nos atopemos, segundo os especialistas que veñen á aula ou o tipo de actividades planificadas para o proxecto. Con motivo das actividades relacionadas co proxecto que se vaian a traballar, o momento en que se traballa varía entre despois da asemblea ou despois do recreo.




 
Polo medio das sesións e actividades máis fixas alternamos outras actividades  de transición como cantar, xogar na pizarra dixital, ver vídeos musicais infantiles, bailamos todo tipo de estilos musicais, facemos dramatiacións, realizamos actividades de relaxación e educación emocional... Precisamente este ano comezaremos con algunhas actividades de relaxación novas que agardo que lles gusten!

As actividades da xornada poden variar por múltiples razóns: actividades dos proxectos, experiencias didácticas especiais, acontecementos persoais dos cativos, noticias de actualidade, enerxía e concentración que mostren...




Pero algúns dos momentos básicos por sesión serían:

1ª Sesión:

ENTRADA:


Chegamos ás 9:30 e agardamos por todos os nenos e nenas facendo unha fila na entrada do cole. Cando xa estamos todos e estamos tranquilos entramos nas aulas.


Chegamos á nosa clase, quitamos as chaquetas e bandoleiras e colgámolas nas perchas. Logo poñemos o mandilón e collemos as libretiñas/axendas para deixalas nuha bandexa que logo as profes revisamos en busca de mensaxes das familias. Logo sentamos nos coxíns.

Vemos quen é o encargado ou encargada seguindo a orde que xa temos establecido. Designado o encargado, este pasa lista, contan cantos nenos e nenas faltan ese día ó cole, di qué tempo fai, en qué día, mes, ano e a estación na que estamos.


ASEMBLEA:

Este é un momento no que priman as relacións. Aproveitamos para falar sobre diferentes temas: vida cotiá, acontecementos importantes persoais ou noticias de actualidade, vivencias, aspectos do proxecto que se está a traballar nese momento...
Aproveitamos para presentar materiais, observamos láminas, dialogamos (respectando as quendas de palabra, escoitando ós demais, etc.), En ocasións visionamos pequenos vídeos relacionados co que vamos traballar a continuación, cantamos unha canción lemos algo especial...

Tamén traballamos diferentes actividades lúdicas de razoamento lóxico (cálculo mental con sumas e restas sinxelas, lóxica, interiorización da serie numérica…).

Xogamos coas letras construíndo o nome do encargado, contando letras, buscando outras palabras coas letras do nome, reproducindo sons e xogando con eles...

A duración deste momento da xornada é o que acostuma a variar máis en función do concentrados e motivados estén.

2ª Sesión:

TRABALLO INDIVIDUAL:

Este é un dos momentos de máis traballo para o encargado xa que axuda a repartir os materiais.


Este momento da mañá é o mellor para actividades en papel que requiren máis concentración, atención e capacidade de abstracción. Moitas veces introducimos as actividades coa pizarra dixital para que se motiven e chamar a súa atención e dinamizar a actividade. Por exemplo, saen a escribir números, trazos, letras, un xogo sinxelo... sempre en relación ó que se vaia facer logo en papel. Cando rematan van gardando o traballo no seu lugar e reláxanse cun conto.


Cómo é un momento no que precisan concentrarse e nos gusta falar moito, acostumamos a por música tranquila e resúltanos máis sinxelo non falar ou facelo baixiño.

Cando todos rematan e xa descansaron uns minutiños recollen.


A MERENDA:

É un momento ideal para traballar uns hábios alimenticios saudables, os hábitos de hixiene e saúde, así como os de autonomía persoal. Tomamos a merendola e se acabamos pronto podemos coller un conto e velo cun compi.







RECREO:

Neste momento os nenos e nenas xogarán libremente e de forma espontánea. Fomentarase o compartir o material, pedir axuda si o necesitan e axudar os compañeiros/as que o precisen, etc.. O recreo dura media hora (de 12.15 a 12.45 en xuño e setembro/ de 11.20 a 11.50 de outubro a maio). Cando chegamos á clase collemos cadansúa botella. Despois de beber colocamos as botellas no seu sitio e sentámonos.





3ºsesión

Comentamos o recreo para ver cómo nos portamos, se houbo algún roce falámolo chegamos a acordos e facemos as paces.
Acostumamos a realizar unha actividade de relaxación que cambia. Algunhas veces relaxámonos con música tranquila e luz tenue. Outras veces, facemos distintos masaxes con música. Esta é unha das actividades que máis disfrutan e coa que máis se relaxan. 
É un momento non só de relaxación, senón de educación emocional.


PROXECTO:


Este momento traballaremos sobre o proxecto en si: recollendo todo o que se sabe, visionado de láminas, vídeos, procura de información, clasificación da información aportada polas familias, elaboración de murais e actividades plásticas sobre o mesmo, actividades en pape,...





Dependendo do tipo de actividade que tocara no proxecto e sobretodo cando temos a xornada continua, ó rematar aproveitamos para ler un conto, cantar, comentar algo do traballado, facer algún xogo, ir a pizarra dixital, relaxarnos...



4º sesión

HORA DO CONTO:



Nos coxíns, no recuncho da asemblea de aula, sentados en corro, contamos un conto, que pode ser da biblioteca de aula ou dun compi. Poden ter relación ou non co proxecto que estamos a levar a cabo. En ocasións son eu a que le o conto e, como xa sabedes, noutras ocasións son eles mesmos os que o contan ou facemos unha colaboración.


Logo da lectura temos un momento para conversar sobre o conto (así verificaremos ata que punto foi comprendido) e facemos algunha actividade sobre el: dramatización, debuxo, cambiarlle o final ó conto, etc.

Mediante os contos traballamos contidos da etapa, emocións, empatía, afectividade, sensacións, autoconcepto, confianza, convencións sociais, linguaxe, atención, creatividade...




COMEDOR:
Antes de saír temos que deixar cada cousa no seu sitio, así traballamos o hábito da orde. Unha vez recollido, o engcargado e un axudante póñense noutra mesa con papel hixiénico, xabón de mans e papel para secar as mans. Unha vez aseados vamos en fila ó comedor.




5º sesión
Subimos e bebemos, vamos o baño e sentamos ata estar tranquilos, ás veces precisamos un momento de relaxación se vimos moi nerviosos do recreo de comedor.

XOGO POR RECANTOS:


Os recantos de xogo favorecen o desenvolvemento da autonomía persoal, a adecuación ó ritmo de cada un e a relación con outros. Hai uns recantos fixos ( plástica, puzles, construcións, casiña e biblioteca) e o do proxecto que se traballe.


Observamos ós alumnos e alumnas valorando as súas actitudes, hábitos, valores, o xeito de cumprir as normas, capacidade de colaboración, si existen problemas entre eles, progresos acadados, dificultades, etc. Nestes recantos realizaranse actividades previamente explicadas na asemblea e tamén haberá momentos ao longo da xornada nos que poderán xogar libremente para relaxarse e desconectar de actividades que requiren un esforzo de concentración.





RECOLLIDA (este momento realízase ó final da última sesión da mañá na xornada única ou repítese mañá e tarde cando temos xornada partida) :

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentar é gratis!