En infantil entre
outras cousas traballamos para potenciar a intelixencia emocional. Trátase de
que perciban e identifiquen as emocións e que as comprendan, que as poidan
manexar e as empreguen para o seu benestar e o dos demais. Todo isto aplicado a
eles mesmos e ós outros. Este traballo repercute directamente na mellora das
súas habilidades sociais e na súa autorregulación emocional.
No primeiro trimestre
empregábamos unhas moedas das emocións. Había todo tipo de emocións e empregámolas
para expresar cómo nos sentíamos e para facer xogos de rol.
Neste segundo
trimestre estamos a realizar unha nova rutina. Trátase das PIRULETAS DAS
EMOCIÓNS!
Cada día ó chegar,
como xa sabedes, pasamos lista e temos a asamblea. Nela, cada un ten un momento
para expresarse libremente e poder contar o que lle apetece. Ás veces é sobre
un tema da época na que estamos, dunha festividade, algo especial que fixo,
planes... Por iso é o momento perfecto para traballar as emocións na aula.
As PIRULETAS
serven para mostrar ós demais cómo nos sentimos cada día ou cómo nos fai sentir
algo.
Todo o que ocorre ó
noso redor inflúenos directamente e falar dos nosos sentimentos axuda a regular
as nosas emocións e a expresalas.
As piruletas
permítenlles pararse a pensar no que realmente sinten e dalles a oportunidade
de expresalo.
Por exemplo, en
algunha ocasión houbo algún compi preocupado por situacións familiares ou algún
problema cun compañeiro, ou tivo unha pesadilla... cando tiveron que decidir,
decidíronse pola piruleta de cariña TRISTE ou ENFADADO e puideron explicar por
qué. Tiveron a oportunidade de expresarse e pór en palabras o que sentían e
desafogarse, e os demais tiveron a oportunidade de consolalos con experiencias
similares que remataron ben, outras veces optaron por dar unha gran aperta,
outras veces falouse sobre o tema ata que quedaron agusto...
Por suposto esta
actividade non vai a quitarlles toda a preocupación ou o enfado, pero si lles
axuda e contribúe a aprender a xestionar as súas emocións