ANTÍA trouxo esta semana un novo instrumento para presentárnolo na aula.
Trátase duns "PITOS", que son unhas CASTAÑOLAS pequeniñas que se colocan case na punta dos DEDOS e que producen un son moi agradable ó tocalas.
Consisten nunha parella de anacos de madeira cun oco interior, para dar maior resonancia e redondeadas no exterior. Teñen 2 furadiños por onde pasa un cordel ou gomiña, como neste caso, que manterá xunta a parella e permite sostelas e tocalas. Colócanse normalmente sobre o dedo ANULAR ou o CORAZÓN.
Moitas grazas á familia e á profe de pandereta que llos prestou!
Aquí vos deixo un vídeo demostración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentar é gratis!