Ola, estrenamos nova sección no blogue!
Nesta páxina podedes empregar algúns recursos interactivos adicados para nenos e nenas de infantil que empregaríamos na aula de non ser pola falta de internet.
Na aula empregamos algún similar e pasámolo pipa! Cómo se trata dun recurso moi útil, motivador e que lles encanta, póñoo a vosa disposición para que os empreguedes na casa se vos apetece!
Só tedes que dar no enlace ou na imaxe e levaravos ó xogo. Non se trata dunha tarefa ou obriga, só os poño a vosa disposición se vos apetece usar algún!
"Letras de colores" é un conxunto de xogos interactivos dirixido ó segundo ciclo de EI para o entrenamento de distintos aspectos relacionados coa lectoescritura (grafomotricidade, grafía das letras, discriminación visual e auditiva, comprensión lectora...).
Pódese descargar e é ideal para xogar na pizarra dixital, nós de feito empregámolo na aula sen internet.
"Tudiscoverykids" é un recurso para traballar a conciencia fonolóxica de forma online. Pódese seleccionar o nivel e traballa as letras do abecedario con debuxos e co xogo "¿qué empieza por...?"
"Sehacersaber" é unha aplicación online adicada a infantil que permite seleccionar o idioma e a idade para traballar a lóxica matemática.
"Bichos" é un paquete interactivo de xogos destinado á etapa de Educación Infantil. Trabállanse conceptos básicos, de lectoescritura e matemáticos, ademais de adestrar o manexo do ordenador no seu conxunto: rato (movemento, clic e arrastre) e teclado.
"Animalandia" é un xogo interactivo para Educación Infantil. Está composto por un conxunto de actividades de lectoescritura e matemáticas. Traballa o nome de diversos animais e cal é o medio polo que se desprazan: aire, terra e auga. É totalmente interactivo e autocorrectivo, idóneo para que o alumnado o utilice con máxima autonomía tanto no ordenador como na pizarra dixital.
Estamos desexando empezar.. Olivia xa non cala!!
ResponderEliminarjajaja Alégrome moito!
ResponderEliminar