Rematamos o curso cunha mañá de intensa actividade!
Tivemos unha actuación dos alumnos que asisten á
actividade de Broadway, festa nas aulas, unha adaptación feita polo grupo “Cool School” da obra de teatro “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo
chamada Berenguela” que foi escrita por Manuel María, unha actuación de baile rexional e pandereta e rematamos cantando a canción de “O carro” baseada no poema de Manuel
María!
Unha vez na clase rematamos facendo memoria recordando as actividades que máis nos gustaron ó longo deste curso e do anterior, falamos de todo o que nos gustaba de cada un dos nosos compis e despedímonos cun abrazo de oso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentar é gratis!