A mediados do
mes de Novembro comezamos cunha rutina nova para o encargado: “A palabra do mes
de________”
Cada día, o
encargado ou encargada escribe o seu nome, escribe o día do mes no que estamos
e escribe a palabra que queira.
Agora que xa
temos as palabras de varios meses vese cómo foron mellorando e as palabras que
se lles foron pasando pola cabeza.
Foron empregando
as letras minúsculas que ían aprendendo, por iso nalgunhas palabras mesturamos
ás veces maiúsculas e minúsculas.
Algúns
escribiron as palabras sós, outros escoitándoas dicir despaciño e oíndo os
sons, outros escribían según as dictábamos entre todos, e algún copiounas.
Algunhas
palabras estaban relacionadas con cousas da clase ou do que estabamos
traballando, outras con cousas que nos gustan ou con cómo nos sentíamos, palabras
que críamos que saberíamos escribir sós...
Moitas deron
para falar delas despois, como cando escribiron fútbol e baloncesto e saíu o
tema dos deportes e o xénero. Grazas a isto abriuse un debate sobre gustos,
sobre qué se nos da ben ou mal. Os desacordos e a curiosidade de algúns
levounos a ver uns vídeos dunhas futbolistas dominando o balón e duns rapaces
campións de ximnasia rítmica. Foi moi interesante este debate, os cambios de
opinión e cómo valorabamos despois esta cuestión.
Outro día
saíu a palabra Dakar e aproveitamos para buscalo no noso Atlas e ver ónde
estaba.
Houbo
palabras moi difíciles de escribir que nos custaron un montón e outras que
saían soas.
O máis
importante e que todos os días estamos desexando escribir a palabra do mes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentar é gratis!