A semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa e o Día da Muller!!!
Traballamos os distintos medios de comunicación e a traballamos con xornais fixándonos en cada parte: encabezado do xornal, titular, corpo da noticia, pé de foto, ... Falamos dos distintos traballadores dos xornais: xornalistas, fotógrafos, redactores...
Unha vez localizados todos os elementos e tendo claro en que consiste cada cada parte, entre todos elaboramos unha noticia de exemplo. Aquí vos deixo a súa transcripción.
O día 8 celebramos o Día da Muller!
Lemos uns contos moi divertidos: "La Princesa Listilla" e "O Libro dos Porcos".
Logo falamos das nosas nais, por ser unhas das mulleres máis importantes nas nosas vidas e de todo o que fan por nós cada día. Aproveitando a conmemoración da Semana da Prensa preparamos como noticia o día da Muller e deseñamos un titular entre todos e logo debuxamos as nosas nais no seu traballo diario.
Agardamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentar é gratis!