Bo Nadal a todos e todas!
.
.
.
.
.
.
19 de decembro de 2015
Festival de Nadal 2015!
Agardamos que disfrutarades do Festival tanto como o fixemos nós ;) Aquí vos deixo un resumo. Se queredes velo máis grande pinchade na parte superior dereita.
18 de decembro de 2015
Calendarios
Aquí vos deixo os debuxos de Nadal dos calendarios para o ano 2016 que elaboraron os nenos e nenas da clase.
Melchor na nosa porta!
Pois así decoraron os cativos a nosa porta! Pintaron, pegaron, recortaron estrelas... quedou estupenda!
16 de decembro de 2015
14 de decembro de 2015
Nadal co Apalpador!
Encántanos o Nadal e a nosa clase xa está decorada para celebralo! Ó longo do mes de Decembro fomos facendo algunhas manualidades de Nadal para decorar a nosa clas,e ó tempo que aprendemos algunhas panxoliñas.
5 de decembro de 2015
Mural novo!
Por fin rematamos o mural da árbore do bosque!
Levábamos traballando nela xa máis de 2 semanas e esta semana puxémoslle os últimos pequenos detalles que nos faltaban.
Fixemos as follas da árbore estampando esponxas con distintos tons de verde que mesturamos na aula e puxemos unhas cantas follas de Outono das que recolleron no patio os compis.
O tronco fixémolo arrugando e retorcendo papel pinocho marrón.
A herba pintámola con rodillo e logo salpicámola con un verde moi clariño empregando un cepillo de dentes.
A matogueira pintámola con rodillo e cun verde diferente que fixemos e puxémoslle froitos vermellos cos dedos.
O fondo de celofan azul decorámolo con estrelas estampadas cos nosos dedos en cor dourado. No alto puxemos unha Lúa chea.
Para rematar pegamos a porta e pintamos as ventás da casiña dos esquíos Chip e Chop.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)